Estatutos de ADROVI
CAPITULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1. Coa denominación de ASOCIACIÓN DE DONANTES Y RECEPTORES DE ÓRGANOS DE VIGO –ADROVI- constitúese unha entidade ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xuridica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
Artigo 2. Esta asociación constituése por tempo indefinido.
Artigo 3. A existencia desta asociación ten como fins:
1. Abarcar a doazón e trasplantes de órganos en xeral.
2. Apoio, asesoramento e guía dos trasplantados e o seus familiares.
3. Reivindicación dos dereitos dos trasplantados.
4. Mellora hospitalaria para os futuros trasplantados.
5. Mellora de transportes para os dializados e os traslados de revisión a larga distancia.
6. Seguimento do enfermo no Centro Hospitalario do posible trasplante.
7. Atención domiciliaria dos xa trasplantados.
8. Centralización do trasplante na cidade de residencia.
9. Fomentar os trasplantes para lograr a espera dos posibles receptores.
10. Calesquera outros que sexan lícitos e conformes coa propia natureza da Asociación.
Artigo 4. Para o cumprimento dos seus fins poderá realizar as seguintes actividades:
1. Crear os servizos de información, divulgación, campañas de sensibilización, e captación de recursos aptos para dar a coñocer a importancia capital da doazón de órganos na sociedade civil.
2. Utilizar todos os medios lícitos e procedentes da propaganda apta para aumentar a cuota de donantes na provincia de Pontevedra e a sua área metropolitana preservando a boa imaxe da asociación.
3. Sensibilizar a opinión pública dos problemas que provocan as negativas das donaciones, na calidade de vida dos posibles receptores.
4. Facilitar a información sobre as políticas sanitarias que definen a doazon de órganos, a familiares e persoas interesadas que o soliciten, a obxeto de acadar un mellor coñecimento da doazón e o mesmo tempo evitar as reticencias das mesmas.
5. Celebrar xornadas e campañas de sensibilización, conferencias, e foros de opinión nas que participen de xeito profesional expertos sanitarios, receptores e donantes de maneira coordinada a obxetivo de animar as doaciones dando a conocer os beneficios que comporta tal decisión social.
6. Edición de libros informativos e guías/folletos que fomenten a doazón.
7. Levar a cabo accións e actividades didácticas en centros académicos, asociación veciñais, e foros afins.
8. Celebrar o día do donante e outras datas afins en lugares extratexicos da provincia.
Artigo 5. O domicilio social da asociación radicará na localidade de Vigo na rúa Corredoira, 13 da didade Vigo, provincia de Pontevedra. Poderase utilizar outros locais asociativos adicionais na mesma ou noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva.
Artigo 6. O ámbito territorial no cal, a tenor dos seus fins, vai realizar fundamentalmente as súas actividades é provincial.
CAPÍTULO II DOS ASOCIADOS
Artigo 7. Poderán ser integrantes da asociación todas as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:
1. Que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
2. Formalización escrita da integración.
3. Etc..
Artigo 8. Dentro da asociación poderán coexistir as seguintes clases de asociados/as:
1. Fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da asociación.
2. Numerarios, que serán aqueles que ingresaron con posterioridade á constitución da asociación.
3. Honorarios, que serán aqueles que a xuízo da Asemblea xeral ou da Xunta Directiva, segundo se estableza, se fagan acredores de tal distinción por contribuir de xeito notable á dignificación ou desenvolvemento dos fins da asociación.
4. Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participan na asociación, que, no seu caso, estarán integradas nas sección infantil.
5. Outros: asociados/as benefactores, simpatizantes, etc.
Artigo 9. Os asociados/as numerarios ou fundadores teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas asembleas con voz e voto.
2. Poder elixir e ser elixido/a para os cargos directivos.
3. Tomar parte en cantas actividades organice a asociación no cumprimento dos seus fins.
4. Gozar todas as vantaxes e beneficios que poida proporcionar a asociación.
5. Facerlles suxestións aos membros da Xunta Directiva cara a mellorar o cumprimento dos fins da asociación.
6. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.
7. Aqueloutros que sexan recollidas na lexislación vixente.
Artigo 10. Os asociados/as terán as seguintes obrigas:
1. Asistir ás asembleas xerais.
2. Satisfacer as cotas que se establezan.
3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
4. Prestar cantos servicios determinen os estatutos, o Regulamento de réxime interno e os acordos das asembleas xerais.
5. Observar unha boa conducta individual e cívica.
6. Cumprir os acordos da Asemblea xeral e o contido dos estatutos.
7. Aqueloutras que se recollan na lexislación vixente.
Artigo 11. Os asociados/as honorarios, infantís e outros terán as mesmas obrigas que os/as asociados/as fundadores e numerarios agás a posibilidade de intervir nos órganos de representación e de dirección da asociación. Así mesmo, terán indénticos dereitos coa excepción de poder elixir ou ser elexidos para os cargos directivos e poderán asistir ás asembleas xerais con voz pero sen voto.
Artigo 12. Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a peticición escrita da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 13. A condición de asociado/a pérdese:
1. Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á X unta Directiva, e tralo aboamento das cotas debidas ata ese intre.
2. Por impago dun número determinado de cotas.
3. Por realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación.
4. Por expediente disciplinario.
Artigo 14. A expulsión de asociados/as será acordada pola Xunta Directiva, trala audiencia da persoa interesada. En todo caso o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 15. A separación temporal dun/dunha asociado/da pódese producir:
1) Por petición persoal do/da asociado/da por escrito.
2) Polo acordo da Xunta Directiva, ben:
a) por estarse tramitando un expediente sancionador
b) por outras causas xustificadas que o aconsellen: comportamentos que afecten a boa marcha dos fins da asociación, retraso nos pagamentos dalgunha cota.
CAPITULO III Dos órganos da asociación
Artigo 16. O goberno e representación da asociación están a cargo dos seguintes órganos:
1. A Asemblea xeral, máximo órgano de goberno.
2. A Xunta Directiva, órgano colexiado en que a asamblea delega o goberno da asociación.
3. Presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a, órganos unipersoais e con funcións de goberno e representación determinadas polos presentes estatutos.
Artigo 17. A Asemblea xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os seus integrantes. O/ A presidente/a e o/a secretario/a serán os mesmos que os da Xunta Directiva(opcional).
Artigo 18. A Asemblea xeral reunirase con carácter ordinario unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos asociados/as. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido á Presidencia, autorizado coas sinaturas dos e das solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria ea orde do día.
Artigo 19. A Asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos catro meses seguintes do peche do exercicio. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación pola Presidencia da asociación, e deberá ser notificada por escrito no domicilio dos/as asociados/as. Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da asemblea, así como a orde do día con expresión concretados temas para tratar e os anexos que procedan. Tamén haberá de sinalarse a hora da segunda convocatoria, sen que entre a primeira e a segunda convocatoria poida mediar un prazo inferior a media hora.
Artigo 20. Para que as asembleas poidan tomar acordos, estarán integradas polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total de asociados/as na primeira convocatoria ou con calquera número de asociados/as asistentes na segunda convocatoria.
Artigo 21. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen os negativos, non serán computables os votos en branco nin as abstencións. Será precisa a maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para:
1. Ratificar a expulsión das e dos asociados por proposta da Xunta Directiva.
2. Aprobar a federación con outras asociacións.
3. Solicitar a declaración de utilidade pública.
Artigo 22. Son competencias da Asemblea xeral ordinaria:
1. Aprobar o plan de actividades proposto pola Xunta Directiva.
2. Examinar e aprobar a memoria de actividades.
3. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
4. Aprobar o orzamento proposto pola X unta Directiva:
5. Aprobar o Regulamento de réxime interno da asociación.
6. Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias.
7. Acordar a remuneración, de ser o caso, dos membros dos órganos de representación.
8. As demais que resulten dos estatutos e que non estean expresamente conferidas á Asemblea xeral ou á Xunta Directiva.
Artigo 23. Son competencias da Asemblea xeral extraordinaria:
1. Modificar os estatutos da asociación.
2. Disolver a asociación e nomear os liquidadores.
3. Aprobar a federación con outras asociacións.
4. Ratificar a expulsión de asociados/das a proposta da Xunta Directiva.
5. Solicitar a declaración de utilidade pública.
6. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.
7. Elixir os integrantes da Xunta Directiva.
Artigo 24. Os acordos adoptados conforme cos preceptos anteriores obrigarán a todos e todas os asociados, mesmo aos non asistentes. As sesións comezarán coa lectura por parte do/a secretario/a da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada. A continuación comúnicará a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que corresponda, procedéndose á súa aprobación nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia que se trate. Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día abrirase, se así o considera oportuno o/a presidente ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a quenda de preguntas e suxestións. Concluido este punto, o/a presidente dará por rematada a sesión.
Artigo 25. Poderase recorrer contra os acordos que vaian contra destes estatutos ou infrinxan os fins da asociación en reposición perante a Asemblea xeral. A partir da resolución deste recurso quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 26. A asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva composta por: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e, de ser o caso, vocais. Todas as persoas que compoñen a Xunta Directiva deberán ser asociados/as, maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civis e non estar incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente. Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos(opcional), sen perxuizos do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados. Os cargos deberán ser designados e rb2cados pola Asamblea xeral extrordinaria e o seu mandato terá unha duración de 5 anos e poderán ser reelexidos.
Artigo 27. Os cargos da Xunta Directiva cesarán na súa función polas seguintes causas:
1. por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.
2. por expiración do mandato.
3. por incumprimento das obrigas que tiña encomendadas. Nos casos 1) e 2) continuarán nos seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación de quen os substitúa.
Artigo 28. A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez o mes e con carácter extraordinario cantas veces o determine a Presidencia ou por petición de calquera dos seus membros. A convocatoria realizarase como mínimo con tres días de antelación mediante citación persoal na que se recollerá a orde do día. Realizada a convocatoria, a x unta quedará constituída pola asistencia da metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. No caso de empate, o voto do/a presidente/a será de calidade.
Articulo 29. As facultades da Xunta Directiva estenderase, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea xeral. En particular son facultades da Xunta Directiva:
1. Dirixir as actividades sociais elevar a xestión económica e administrativa da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
2. Executar os acordos da Asemblea xeral.
3. Convocar as asembleas xerais.
4. Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o programa de actuación, así como a memoria de xestión correspondente.
5. Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o orzamento do exercicio, así como os balances e as contas do Exercicio pechado.
6. Resolver sobre a admisión de novos asociados/as.
7. Crear comisións co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos e actividades ou recadar delas informacións necesarias. Ao cargo destas comisións designarase un membros da Xunta directiva.
8. Nomear delegados para determinadas actividades da asociación.
9. Interpretar os estatutos e o Regulamento de réxime interno e velar polo seu cumprimento.
10. Calquera outra facultade que non sexa de exclusiva competencia da Asamblea Xeral.
Artigo 30. A Presidencia da Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1. Presidir e dar por rematadas as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asamblea xeral, dirixir as deliberacións duna e doutra, e decidir con voto de calidade en caso de empate.
2. Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.
3. Ordenar pagamentos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia.
4. Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen perxuizo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.
Artigo 31. O/A presidente/a será asistido nas súas funcións por un/unha vicepresidente/a que, ademais, substituitano/a nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 32. O/A secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e libro de rexistros de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspondelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente/a. Deberá tamén presentar as contas anuais eo cumprir as obrigas documentais nos termos que legalmente se establezan.
Artigo 33. O tesoureiro/a exerce a dirección dos traballos de xestión económica da asociación, a custodia e levanza dos libros de contabilidade e os inventarios, así como tódolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances. Deberá preparar os orzamentos, as contas anuais e os balances perante a Xunta Directiva e a Asamblea xeral, asi como dar cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a presidente/a.
Artigo 34. Os/as vocais no número que determine a Asamblea xeral terán as seguintes atribucións:
1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPITULO IV Réxime Económico
Artigo 35. A asociación como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderá distribuir os recursos obtidos entre os/as asociados/as senón que, deberán destinarse, exclusivamente, ao cumprimento dos seus fins.
Artigo 36. A asociación de donantes y receptores de órganos –ADROVI-, carece de Patrimonio.
Artigo 37. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano(opcional). Así, o seu orzamento será anual e deberá ser aprobado pola Asamblea xeral ordinaria do exercicio económico que corresponda e a liquidación do orzamento terase que presentar necesariamente, na Asemblea xeral ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.
Artigo 38. Anualmente e con referencia ao derradeiro día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e o balance de situación, que se formalizará nunha memoria que será posta a disposición dos/as asociados/as durante un prazo non inferir a 15 días do día sinalado para a Asamblea xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 39. Os recursos económicos dos que dispón a asociación para o cumprimento dos seus fins son:
1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e que sexan aprobadas pola Asemblea xeral.
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder os organismos públicos, entidades privadas ou particulares.
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 40. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a asociación os ten depositados, deberá a entidade bancaria ter recoñecidas as sinaturas que corresponden ao/á presidente/a, e o/a tesoureiro/a, para o seu emprego conxunto.
CAPÍTULO V Do regulamento interno
Artigo 41. O regulamento de rexime interno, de ser o caso, desenvolverán aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, e non poderán ir en ningún caso en contra do estipulado neles.
CAPÍTULO VI Modificación de Estutos e disolución da Asociación
Artigo 42. Os presentes estatutos poderán ser modificados por proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos asociados/as. A convocatoria da Asemblea xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera asociado/a poida dirixirlle á Secretaría as propostas ou enmendas que considere oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días a súa realización.
Artigo 43. Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable de 2/3 dos membros da Asemblea xeral de asociados/as. Artigo 44. A asociación disolverase polas seguintes causas:
1. Pola vontade das 2/3 partes dos asociados/as.
2. Por outras causas determinadas legalmente.
3. Por sentencia xudicial.
Artigo 45. Acordada a disolución a Asamblea xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto ao/a presidente/a e o/ tesoureiro/a, procederán a efectúar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doaráselle a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autonoma e que teña os mesmos ou similares fins. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da asociación.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.
En todo canto non este previsto nos presentes estatutos aplicarase a vixente Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e as disposicións complementarias.